As notas do pemento … ONde hai MÚSICA … Achégate!

As notas do pemento … ONde hai MÚSICA … Achégate!


Vídeo Promocional ‘As notas do pemento‘ | Xaime Cortizo
As notas do pemento é un festival de música que quere homenaxear un produto tan sinalado da nosa terra como é o pemento de Herbón, e faino no lugar que medrou por primeira vez, o Convento Franciscano. Está organizado en colaboración entre a asociación Sementar e a fundación Galicia Sustentable por medio da súa actividade ONde hai música. Conta tamén coa colaboración da cooperativa A Pementeira e da empresa de comunicación Xurimaru.

A participación de Xaime Cortizo no Festival é a seguinte: Comunicación AudioVisual e creativo de ONde hai Música e responsable da área AudioVisual do Festival ‘As notas de pemento‘.

Mediante esta iniciativa pretendemos, por unha banda levar a música a novos espazos e abrila a novos públicos e, pola outra, darlles aos novos músicos a posibilidade de ter un evento diferente no que actuar. Os concertos están pensados coma encontros nos que os músicos dialoguen co público e este se poida dirixir a eles.
En resumo, queremos que sexas partícipe desta nova experiencia e que vivas connosco esta apaixonante primeira edición d’As notas do pemento.
Cartel ‘As notas do pemento’ | Fotografía e Deseño Xaime Cortizo
Este Festival ‘As notas do pemento’ xurdiu do seguinte xeito:
 (pincha para ir ao post de Carlos García Amigo no seu blog)
Tamén está inspirado na filosofía de ‘ONde hai música‘ como se pode comprobar neste outro post na páxina da Fundación Galicia Sustentable:
(pincha para ler o post ‘Continúa ONde hai MÚSICA’)
O grupo Herbens Consort e Pementeiras de Herbón | Foto: Xaime Cortizo
Carlos García Amigo e Diego Rojo | Foto: Xaime Cortizo
Programación do Festival | Cartel: +Xaime Cortizo 
Mascota do Festival, Herbonciño, deseñado por Begoña Mera | Cartel: Xaime Cortizo

Xaime Cortizo Fotografía, Diseño y Comunicación Web


Abrir chat
1
¿Necesitas ayuda?
Escanea el código
¡Hola!
¿En qué podemos ayudarte?