Día Internacional da Muller Traballadora

Día Internacional da Muller Traballadora


Reciclando, originalmente cargada por Jaime Cortizo.

Este ano a efeméride coincide co centenario da Real Orde do 8 de marzo de 1910, polo que as mulleres podían estudar libremente nas universidades españolas. A Universidade de Santiago de Compostela co gaio desta efeméride convocou o I Certame de Fotografía ‘Ruth Matilda Anderson’. Coa elección da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson para dar nome á iniciativa recoñécese a unha muller que fixo un traballo importante nun campo tradicionalmente desenvolvido por homes, ao tempo que se presta atención á súa destacable obra, na que se inclúe un retrato da muller galega dos anos 20.
Mencionar que me presentei a este certame coa fotografía recollida nesta entrada: Reciclando, que reflexa a dúas mulleres traballando nunha planta de tratamento de residuos, lonxe dos flashes e do recoñecemento público, pero igualmente digno e útil. Dita fotografía foi recoñecida cun accesit, formando parte dunha exposición itinerante por varios espazos da Universidade de Santiago de Compostela, sendo hoxe inaugurada no Claustro do Colexio de Fonseca, pasando posteriormente polas facultades de Xeografía e Historia, Ciencias da Comunicación, así como as bibliotecas Concepción Arenal (Santiago) e Intercentros (Lugo).

Momento da entrega de premios deste I Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson, esta mesma tarde no Colexio de Fonseca, coa posterior inauguración no mesmo lugar da exposición coas 25 fotografías seleccionadas.

Xaime Cortizo Fotografía, Diseño y Comunicación Web


Abrir chat
1
¿Necesitas ayuda?
Escanea el código
¡Hola!
¿En qué podemos ayudarte?