
I Trail de Compostela – Campionato de Galicia de Trail – 15º Aniversario do Noitebra F.C.
Posted at h
in Sin categoría
O Noitebra F.C. de Santiago de Compostela organizou o “Trail de Compostela. 15º Aniversario do Noitebra F.C.” coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e baixo control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Data e Lugar: O “Trail de Compostela. 15º Aniversario do Noitebra F.C.” celebrouse o domingo 15 de marzo de 2015 en Santiago de Compostela. A saída deuse ás 10:30 horas dende a Granxa do Xesto, no Monte Pedroso. A proba transcorreu por un circuíto mixto de camiños, pistas, corta-lumes e monte da contorna do Pedroso en Santiago de Compostela e Ames. Trátase dun percorrido aproximado de 17,5 km, cun desnivel acumulado duns 650 metros.
Podedes consultar os resultados do I Trail de Compostela no seguinte enlace: http://bitly.com/1NLwTcD
Deseño de Cartel e Fotografías: Xaime Cortizo
www.xaimecortizo.com
(Se estás interesado en algunha imaxe podes poñerte en contacto a través do mail info@xaimecortizo.com ou do teléfono 668801291)
Álbum de Fotografías da proba en Google+
Pincha na imaxe do percorrido para descargar o Track Trail Compostela en formato GPX