MUSICA INTIMA & MUSICA ANTIEREMITA …

MUSICA INTIMA & MUSICA ANTIEREMITA …

Exposición fotográfica “Música Íntima”. Do 26 ao 30 de Xaneiro

De 9:30 a 20:00h en Doutro Xeito Coworking, Hórreo 22, 3º, Santiago de Compostela

Dentro do programa Coworking Days, +Info: http://www.doutroxeito.com/event/coworking-days/

Musica_Intima_Xaime_Cortizo_Exposición

Esta idea xestouse a partir dun proxecto fotográfico que naceu a principios do ano 2013, que foi medrando ó longo do mesmo e que continúa en evolución permanente.
A idea de plasmar a proximidade e a intimidade no mundo da Música, tocando diversos ámbitos e disciplinas, é o fío condutor de esta exposición. Nela, aparecen perspectivas moi diferentes, dende o proceso de xestación dun instrumento no obradoiro dun luthier, ata o instante da creación compositiva, ou o director axustando esas composicións coa orquestra. Pasando tamén por alumnos deste propio centro nas súas clases de instrumento, alumnos máis avanzados dentro dunha orquestra, tamén músicos profesionais. Amósase esta relación íntima que teñen co seu instrumento, reflexando diferentes intres e situacións vistas dende un punto de vista moi próximo e persoal.

En definitiva, esta exposición ligada co programa ONdehaiMÚSICA, pretende achegar a música clásica á xente, tratando de eliminar barreiras e darlle ás persoas a oportunidade de descobrer novas experiencias. A cuestión é que mediante estas imaxes preténdese botar abaixo os mitos e as barreiras para aproximarse á música doutro xeito, un pouco mais persoal e sensorial, nesta ocasión mediante o a vista e a imaxinación que nos fai voar a eses intres e a esas vivencias para interiorizalas, cada un á súa maneira, pero sentilas ó fin e ao cabo.

 

Programa dos COWORKING DAYS – XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Exposición fotográfica “Música Íntima”. Do 26 ao 30 de Xaneiro. De 9:30 a 20:00

“Música íntima” é un proxecto fotográfico orixinal de Xaime Cortizo, fotógrafo e coworker en Doutroxeito.

+Info sobre Música Íntima: https://www.xaimecortizo.com/portfolio_page/musica-intima/

Con esta exposición pretende levar a música clásica a lugares onde a priori non a atopamos, e botar abaixo barreiras e preconceptos facendo que as imaxes nos permitan un acercamento persoal e sensorial,  e que sexa a vista a que nos axude a vivir, a interiorizar, a sentir a música, en definitiva.

Xornada de portas abertas. Do 26 ao 30 de xaneiro. De 9:30 a 14:00

Podes vir a traballar connosco: Trae o teu portátil e facémosche un sitio para que experimentes como é traballar doutro xeito.

SEXY SALAD. Martes 27 e xoves 29. De 14:00 a 16:00

Trae o teu tupper, ou ingredientes para facermos unha ensalada comunitaria, coñecer aos nosos coworkers, coñecer proxectos en marcha etc.

After Work “Música Antieremita”

Onde a música e o coworking conflúen, poñemos o broche final á exposición fotográfica cunha proposta diferente para experimentarmos a música a cargo de Lucas Rei, músico e coworker en Doutroxeito.

Cervexa e sorpresas garantidas!!

_MG_2568

Foto: Xaime Cortizo

Lucas Rei Ramos é músico, pianista e compositor, e tamén técnico de son e musicólogo.
Lonxe de ser un eremita, gosta de estar metido en “fregaos”, como montar un coro, traballar nunha banda sonora, tocar nunha jam session ou organizar actividades musicais de tempo libre. Traballa en proxectos de desenvolvemento comunitario nos que a música sexa unha peza clave. Como bo aficionado a tecnoloxía, tamén fai por estar alí onde esta se xunta ca música, e o mesmo orquestra un videoxogo que desenvolve unha app musical educativa.



Abrir chat
1
¿Necesitas ayuda?
Escanea el código
¡Hola!
¿En qué podemos ayudarte?