outra noite

outra noite

Outra noite está por vir, cargada de sorpresas, porque as noites son moito máis excitantes ca os días nese senso, menos homoxéneas, aínda que tódolos gatos son pardos, as criaturas da noite saen da oscuridade para seducir ás sombras que acompañan á luz, agochada nas profundidades dos seres vagando polas rúas sixilosas, pisando sen pisar, flotando por entre as pedras molladas pola néboa mesta.

Noite de alegrías, de miserias, de luxuria, de recordos, de viño e rosas, de licor café tinguido de bágoas …

Tantas noites coma días e unha máis porque sempre leva unhas horas de vantaxe.

Xaime Cortizo Fotografía, Diseño y Comunicación Web


Abrir chat
1
¿Necesitas ayuda?
Escanea el código
¡Hola!
¿En qué podemos ayudarte?