Xaime Cortizo Fotografía en el ‘Mercado da Estrela’

Xaime Cortizo Fotografía estará presente en el Mercado da Estrela, pásate por el Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela e ‘agasalla talento galego‘ 😉


Podrás adquirir entre otras muchas más esta fotografía analógica del año 2001


Acércate y descubre las sorpresas que te aguardan 😉

Sábado 14 y domingo 15 de diciembre de 11:00h a 20:00h

También con 4 conciertos organizados por ONdehaiMúsica:
Concertos da Estrela
(pincha para +información)

Que é?

O Mercado da estrela nace en Galicia para amosar o traballo dos novos creadores galegos! Artistas, artesáns e novos emprendedores de disciplinas como a ilustración, a moda, os complementos, os cosméticos ou a fotografía, ensinarán as súas coleccións para que poidas convertelas nos teus agasallos de Nadal!
Apostamos polo talento galego por iso, ademais das túas compras navideñas, noMercado da estrela poderás descubrir a bandas musicais emerxentes e a novos artistas galegos presentando os seus últimos traballos e  amenizando as xornadas coas súas propostas!
Este Nadal non deixes de lado a túa parte creativa! No Mercado da estrelahaberá tempo para que investigues nas túas capacidades artísticas. A través de distintos obradoiros lúdicos poderás achegarte a disciplinas como a cerámica ou a música clásica de forma amena e interactiva… Para que non te deites sen saber unha cousa máis! Non esquecemos tampouco aos  cativos, que terán tamén espazo e tempo para o entretemento a través de xogos e actividades.
Mercado da estrela ten presente que estes son tempos difíciles para moitos colectivos especialmente necesitados, e reserva un importante espazo físico para a solidariedade. Nel, agrupacións de cooperación local que necesitan máis que nunca de recursos materiais e inmateriais para seguir axudando aos máis desfavorecidos, daránse a coñecer para recabar a túa empatía e participación.
A luz do Nadal volve co Mercado da estrela! Propoñemos unha busca persoal e en clave optimista destas tradicionais festas apostando por redescubrir o ánimo de intercambiar, agasallar e recuperar o espírito de comunidade. É por iso que contaremos  cun espazo para charlar, descansar e gozar do tempo compartido na zona de restauración. Alí disfrutarás de DJs e música en directo e atoparás unha ampla oferta gastronómica con apetecibles productos de alimentación e bebidas coa que recuperar forzas e coller pulo para continuar a xornada!
Agardámoste no Mercado da estrela! Ven e redescubre o teu Nadal!
Xaime Cortizo Fotografía, Diseño y Comunicación Web