Exposición Fotográfica ‘Música íntima’
Posted at h
in Sin categoría
Esta idea xestouse a partir dun proxecto fotográfico que naceu a principios do ano 2013, que foi medrando ó longo do mesmo e que continúa en evolución permanente.
A idea de plasmar a proximidade e a intimidade no mundo da Música, tocando diversos ámbitos e disciplinas, é o fío condutor de esta exposición. Nela, aparecen perspectivas moi diferentes, dende o proceso de xestación dun instrumento no obradoiro dun luthier, ata o instante da creación compositiva, ou o director axustando esas composicións coa orquestra. Pasando tamén por alumnos deste propio centro nas súas clases de instrumento, alumnos máis avanzados dentro dunha orquestra, tamén músicos profesionais. Amósase esta relación íntima que teñen co seu instrumento, reflexando diferentes intres e situacións vistas dende un punto de vista moi próximo e persoal.
En definitiva, esta exposición ligada co programa ONdehaiMÚSICA, pretende achegar a música clásica á xente, tratando de eliminar barreiras e darlle ás persoas a oportunidade de descobrer novas experiencias. A cuestión é que mediante estas imaxes preténdese botar abaixo os mitos e as barreiras para aproximarse á música doutro xeito, un pouco mais persoal e sensorial, nesta ocasión mediante o a vista e a imaxinación que nos fai voar a eses intres e a esas vivencias para interiorizalas, cada un á súa maneira, pero sentilas ó fin e ao cabo.
A exposición verase complementada cunha serie de actividades diversas, tales coma tertulias, perfomances ou actuacións musicais na mesma liña do exposto anteriomente.
A EXPOSICIÓN E AS ACTIVIDADES RELACIONADAS TERÁN LUGAR EN DIVERSOS ESPAZOS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ENTRE O 10/10/2013 E O 10/01/2014. PROXECTARÁNSE AS IMAXES DA EXPOSICIÓN VIRTUAL, TÓDOLOS MARTES E XOVES DE 18:30 A 21:30H NA ENTRADA DO PROPIO CONSERVATORIO.

Na inauguración o día 10 de outubro ás 21:00h no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela (CMUS), explicarei o porqué desta exposición, e tamén dirixirá unhas palabras ao público asistente o director do centro. Rematarase cunha breve actuación musical a cargo da frautista Isabel Rico, ex alumna do centro e haberá algunha emotiva sorpresa a maiores.
Durante a duración da exposición, que permanecerá aberta ata o 10 de xaneiro, faranse actividades complementarias que permitan achegarse á música dun xeito diferente, Permanece atent@!!

Como chegar á Exposición? Pincha no seguinte enlace: http://bit.ly/1c8WXh0
Algunhas das imaxes expostas foron tomadas o pasado curso académico no propio centro, durante as clases de instrumento, formando parte do proxecto fotográfico ‘Música Íntima’ e relacionadas á súa vez cos obxectivos do proxecto divulgativo ‘ONde hai MÚSICA’.
Xaime Cortizo Fotografía, Diseño y Comunicación Web