Camiños do Norte Patrimonio da Humanidade

Camiños do Norte Patrimonio da Humanidade

Patrimonio da humanidade, Don Álvaro Cunqueiro estaría contento con esta declaración 😉

Os camiños primitivo e do norte xa son patrimonio da humanidade. O máximo grao de protección do que agora gozan estas sendas esténdense aos principais monumentos dos lugares polos que discorren, que no caso de Galicia son as catedrais de Lugo e de Mondoñedo e mailo mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Os camiños de Santiago do norte peninsular foron declarados Patrimonio da Humanidade. Son un total de catro rutas xacobeas, entre as que figuran o Camiño Norte, que transcorre por Galicia dende Ribadeo ata Arzúa, e mailo Camiño Primitivo, que entra pola Fonsagrada e conflúe co Francés en Melide. A distinción da UNESCO foi recibida con satisfacción polos comerciantes e hostaleiros e mailas polas asociacións de amigos do Camiño.

A declaración de patrimonio mundial inclúe dezaseis monumentos das rutas xacobeas galardoadas. No caso de Galicia son a catedral de Lugo no Camiño Primitivo e maila catedral de Mondoñedo e o mosteiro de Sobrado dos Monxes no Camiño Norte. Ademais dos bens culturais, os peregrinos valoran destas rutas as súas paisaxes e maila súa tranquilidade.

Os camiños Norte e Primitivo veñen sumarse ao recoñecemento mundial do que xa gozaba o Camiño Francés dende 1993.



Abrir chat
1
¿Necesitas ayuda?
Escanea el código
¡Hola!
¿En qué podemos ayudarte?